Historia

O CENTRO DE MÚSICA FINGOI é un centro educativo musical e privado, con ensino oficial e amateur.

O Centro de Música Fingoi conta cunha historia de máis de 15 anos. Ten os seus inicios no ano 2000 e nace como un centro de ensino e creación musical, ofrecendo unha alternativa privada coa fin de contribuir a cubrir un vacío na educación musical na cidade de Lugo e no noso país.
Este centro continua coa longa experiencia de educación musical do Colexio Fingoi (1950)  que abarca dende a Educación Infantil a BAC e, co labor comezado na Escola Agrícola da Granxa de Barreiros (1948), nos que se traballa na recuperación da nosa música popular e tradicional tendo como colaboradores nos seus inicios a Faustino Santalices, Paulino Pérez, Avelino Pousa Antelo, etc. e na actualidade o gaiteiro Pepe Vaamonde.


E é que este centro desde os seus inicios, sempre tivo claro ser un centro que potenciaría a nosa cultura popular do noso contorno e a Música Tradicional Galega.

 


O obxectivo principal deste proxecto é a creación dun centro que potenciará no proceso educativo dos alumnos a búsqueda da propia expresión, sensibilidade e o pleno disfrute desta manifestación artística como é a música, sexa en grupo ou individual, con programas flexibles que cubran as necesidades de todos eles, a práctica de diferentes estilos musicais que van desde o clásico, moderno e contempóraneo ata a música galega, folk, rock, pop, jazz, máis axeitados aos tempos que vivimos.

O Proxecto musical de Fingoi abarca todas as idades desde a educación infantil (desde 0 meses) ata a educación de adultos sen límite de idade.

Pero todo este programa tan ambicioso, non sería realizable, se non contásemos cun equipo de profesionais implicados, ilusionados co proxecto, con ampla experiencia tanto pedagóxica musical como instrumental, músicos de recoñecido prestixio e en formación permanente.

 

 
No Centro de Música  pódese elexir entre:


-    A Escola de Música, que conta con diferentes niveis educativos: Música para bebés (de 0 a 3 anos), Sensibilización Musical (de 3 a 5 anos), Iniciación instrumental e formación musical (de 5 a 7 anos) e unha Formación Básica para nenos, xoves e adultos (a partir de 7 anos e sen límite de idade).


-    O Ensino Oficial, o Centro Autorizado de Música Profesional, autorizado pola Xunta de Galicia, que ten as mesmas competencias pedagóxicas que un conservatorio público, é dicir, con exames no propio centro.

 

 

 

FaLang translation system by Faboba